A entrevista ten lugar no interior da Escola UNITARIA na Rúa Calzada de San Pedro. Soa unha música de cabeceira e peche do vídeo.
(Méndez fala sobre as súas lembranzas do pasado:)
"Bueno eu recordo ben cando cheguei ao barrio. Era un rapaciño de 10 anos que viña un pouco asustado, non?, con esa sensación de desarraigo, que ten toda a xente que cambia de casa… pois todos os meus amigos estaban na zona de Pitelos que é de onde eu viña. Pero en seguida a xente da rúa, a pesar de que aquí na Calzada de San Pedro solo hai casas nunca beira, enseguida empecei a coñecer a alguén e a levarme ben… e moi ben… uns anos despois se me espertou digamos certa ambición artística. Sempre me encantou debuxar, pintar e eso…e presentáronme a Kukas… Kukas, un gran personaxe que vivía no número 1 de Belvís, moi pretiño da miña casa. Con el empecei a ir a festas, empecei a ir a sitios, empecei a falar… falamos de arte, e acabei indo a pintar ao seu estudio, que era un curruncho no faiado da mesma casa do número 1 de Belvís, e alí pois nos fumos xuntando máis xente e no ano 75 fixemos a primeira exposición do grupo FOGA, un grupo que marcou eu penso, que un antes do despois do arte en Santiago, non?. A el se foi unindo outra xente e ao final chegando a estar vinculado pois con xente coñecida como Seara, como Luis Fega que traballan fóra e incluso Francisco Leiro. E pouco a pouco nos fumos saíndo un poco da zona e eso… e cada un buscou un pouco o seu camiño… e eu volvín despois porque estaba ligado co barrio, cos meus pais, e acabei cambiándome para aquí, facendo o estudio, e preparando no que era a horta da casa, un xardín, que é onde últimamente pois fago as miñas actividades creativas. Recordo de forma especial momentos moi bonitos con outros artistas de aquí: Gonzalo Velasco Vieiro vivía tamén aquí na plazoleta ao lado de Belvís, e iamos as veces a visitar tamén a Carril, a Basilio Carril o gran frabicante de gaitas que tiña o taller na Rúa de San Pedro e que está conservado íntegramente no Museo do Pobo Galego; recordo ademáis anécdotas de Carril porque el me falaba do meu avó, e curiosamente… pois un músico de Arzúa, que era ebanista, que era un home do Renacemento, xefe de obras, viviu na Calzada de San Antonio… pois antes de que eu aterrara aquí xa lebava uns cantos anos vivindo ahí tamén… penso que eso… que son as vinculacións naquela época e incluso había facetas artísticas no club 108, que era un club parroquial que había no número 108 da Rúa de San Pedro".
(Méndez fala sobre os seus sentimentos no presente:)
Eu vivo encantado, ademáis vendo este tipo de cousas… eu cando vin para aquí, esta escola, a Unitaria, xa non funcionaba como escola, non deixaba de ser un sitio un pouco común… un garaxe afín ao forno que non se utilizaba para nada, sen embargo agora é un centro, digamos cultural, é algo que gusta, porque de ter perto esto… e o ambiente da Rúa de San Pedro vese que cos anos cada vez máis vai medrando en cuestións artísticas non?, artísticas, reivindicativas, o que é estar ahí!, o que é estar facendo historia non?. Penso.
Un dos primeros sitios importantes da Rúa de San Pedro foi o Catro, era a pulpería, e alí se reunían… logo está o 18, o 16, estaba o 108… que ocurre en moitos sitios de poñerlle ao local o nome da rúa, pero aquí eu creo que ocurriu máis que noutros sitios. A fin de contas no Franco, que hai? o 42 e o 36, creo que nada máis…[rise]
(Méndez fala sobre o que espera do futuro no barrio:)
"De futuro eu non son bo adiviñando[rise] pero bueno, espero o mellor evidentemente. Non o sei…porque as políticas que se fan son cousas un pouco para todos e a veces a sobreprotección de certas cousas perxudica outras, non?. Non está claro o que poida ocurrir [rise]. Como diría Yoda, o futuro…dudoso futuro o meuuu…[rise]…deixa eso…"