A conversa ten lugar na escola Unitaria situada na Rúa Calzada de San Pedro. Fala unha veciña do barrio:

"É certo que é importante a asociación de veciños, poi sempre é un esforzo, por que eso… por que esto non se volva pois como zona vella, pois os efectos da xentrificacion é o que ten, que a xente prefire ter apartamentos turísticos que ter unha vivenda, por que lle sae moito máis rentable, por exemplo Débora que vive pois en frente de min decía que quería vender a casa, pero claro tamén a quere vender por X cartos. Hoxe en día a xente nova, evidentemente por esos cartos, pois é imposible… sobre todo tendo en conta o mercado laboral de Santiago entre outras cousas, entonces a min o que me dá medo é que se convirtan en segundas residencias de xente, algún madrileño pijo que quere comprar para estar aquí unha fin de semana cada… e tamén a xente entende en ese sentido o barrio, porque eso claro… para min… bueno a ver… meus pais compraron aquí porque era un barrio obreiro e estaba barato, básicamente, porque meu pai viña de Lugo, miña nai de Francia… non tiña ninguna relación familiar co barrio, e viñeron aquí porque era eso, era un barrio obreiro barato, familiar e por que bueno daquela xa… pola ubicación y por todo pero está claro que agora mesmo na mesma situación non se podería permitir evidentemente e bueno, como a miña rúa están bastantes outras e entre o declibe poboacional e ao mellor a falta de emprego en Santiago estame todo o mundo dicindo pero “vende a casa e vaite por ahí, que ti estás sen emprego e por ahí seguro que tal”… a ver… son opcións a barallar pero a calidade de vida que teño eu aquí en Santiago non a teño en ningunha parte e non só para min para as miñas fillas, que a ver as miñas fillas todos os días cando baixamos do cole da Almáciga se tiran media hora xogando no parque de Bonaval con outros nenos e nenas que despois van para outro lado pero eu as vexo xogando no parque de Bonaval correndo, coas ramas, enchéndose de lama, e digo jo, os meus curmáns de Madrid están media hora, e o tempo que están no atasco máis a media hora máis que o mellor están unha hora ou dúas horas de trayecto para casa e digo, bueno pois ao mellor eu estou peor económicamente ou nun bache pero as nenas se están criando nun ambiente ideal e a parte din “jo, mami que non sei se queremos ir ao parque da Trisca ou ao parque de Belvis.”… e que as cabritas en 10 minutos teñen tropecentos parques infantís"